^ Ir arriba

novas

Xoves, 18 Decembro 2014 23:17

Máis de 400 Papanoeles moteiros recollerán alimentos en Gondomar

O próximo domingo día 21 de decembro ás 16 horas dará comezo a tradicional recollida de alimentos de Papanoeles moteiros na Praza de San Benito de Gondomar, organizada pola pena Os Rigasepas.

Máis de 400 participantes partirán de Gondomar para percorrer os municipios do Val Miñor pasando por Baiona, Nigrán, Ramallosa e Parrulos, con regreso ás 18:30 horas. Á chegada haberá chocolatada e rosquillas para todos os moteiros.

A ruta de Papanoeles moteiros celebra este ano a súa sétima edición co fin de recoller alimentos que posteriormente serán repartidos polo Concello de Gondomar entre as familias máis desfavorecidas do municipio.