^ Ir arriba

novas

Xoves, 04 Decembro 2014 23:59

Gondomar homenaxea a Gumersinda, a súa veciña máis lonxeva no seu 103 aniversario

IMG-20141203-WA0000O alcalde de Gondomar,Fernando Guitián, acompañado polo tenente de alcalde Natalia Salgueiro e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, visitou na tarde de onte a Gumersinda Cortegoso Pereira para homenaxeala no seu 103 aniversario, converténdose na veciña de maior idade do municipio.

O alcalde de Gondomar, en representación do goberno municipal, fixo entrega dun ramo de flores á centenaria nun acto emotivo no que estivo presente tamén a familia da homenaxeada.