^ Ir arriba

novas

Mércores, 03 Decembro 2014 23:09

Gondomar amplía as súas prazas de aparcadoiro

O Concello de Gondomar inicia as obras do novo aparcadoiro que se situará nas inmediacións do Centro de Desenvolvemento Local grazas a unha subvención concedida pola Deputación provincial de 229.000 euros que permitirán á súa vez a urbanización e ampliación das beirarrúas da rúa Diego Sarmiento de Acuña.

O goberno municipal cumpre así cun dos puntos incluídos no seu programa electoral e que permitirá reordenar o tráfico no centro urbano e favorecer a futura humanización do municipio ao fomentar o tránsito peonil pola zona urbana.

Unha parte da subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra destinarase á súa vez á canalización da rede de media tensión situada na zona deportiva de As Cercas que na actualidade se encontra aérea.