^ Ir arriba

novas

Martes, 25 Novembro 2014 19:09

O Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar faise co podio no Trofeo Nacional Cidade de Oviedo

Ganadora cadete Iria Boullosa

O pasado sábado día 22 de novembro o Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar fíxose cos primeiros postos no XVI Trofeo Nacional Cidade de Oviedo nas categorías a competición: infantil, cadete e xuvenil.

María Balboa foi a gañadora na categoría infantil e Iria Boullosa na cadete, ocupando o segundo lugar desta categoría Denis Alonso, patinadora tamén do CPA Gondomar. Na categoría xuvenil Miriam Pérez conseguiu o segundo lugar, a tan só 30 centésimas da gañadora, e Alba Franco conquistou o terceiro posto.

Na competición celebrada na capital asturiana participaron os mellores patinadores a nivel nacional cunha exhibición a cargo de deportistas de renome como a mundialista Aida Bieitez.

A directiva do club celebra os resultados conseguidos e destaca a importancia deste evento xa que volve situar o CPA Gondomar no máis alto do panorama nacional con tan só un ano de vida como club. Co fin de clausurar un ano de éxitos no que a unión e o esforzo se establecen como valores indiscutibles do club, CPAGondomar iniciará unha campaña de recollida de alimentos nas próximas semanas para as familias máis desfavorecidas deGondomar.