^ Ir arriba

novas

Luns, 17 Novembro 2014 22:53

Curso de deseño CAD Solidworks para enxeñeiros, arquitectos e técnicos

O Concello de Gondomar, a través da concellaría de Xuventude e a concellaría de Formación e Emprego, pon en marcha un curso gratuíto de "Diseñador CAD en Solidworks" do 5 ao 23 de decembro dirixido a enxeñeiros, aparelladores, delineantes, arquitectos e persoal técnico que desexen obter formación neste campo e que lle permitirá contar coas capacidades necesarias para presentarse ao exame do título homologado "Diseñador CAD Solidworks".

O curso, cunha carga lectiva de 36 horas distribuídas en horario de mañá, de 10 horas a 13 horas, capacitará o alumnado coas ferramentas necesarias para construír modelos paramétricos de pezas e ensamblaxes, así como planos, o que supoñerá un elemento diferenciador no seu currículo ao contar con esta formación especializada.

As inscricións deberán formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (986 369 746) ou no Centro de Desenvolvemento Local (986 384 020) e terán preferencia aqueles solicitantes empadroados en Gondomar e desempregados.