^ Ir arriba

novas

Xoves, 06 Novembro 2014 22:17

Nova edición de Gondonadal para a conciliación familiar e laboral

O Concello de Gondomar pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa de ocio e tempo libre Gondonadal durante as vacacións escolares de Nadal.

Co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral oConcello ofrece un total de 40 prazas destinadas a menores empadroados en Gondomar e fillos de traballadores en activo nacidos entre 2001- 2002 e no ano 2011. En caso de non cubrir todas as prazas aceptaranse menores doutros Concellos con preferencia a aqueles cuxos proxenitores traballen no municipio deGondomar.

Gondonadal levarase a cabo entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro no CEIP Chano Piñeiro de 9 horas a 14 horas.
As solicitudes deberán presentarse a partir do día 17 de novembro e ata o día 28 de novembro no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 9 horas a 13:30 horas e sábados de 9 horas a 13 horas. A solicitude da praza deberá ir acompañada da fotocopia do documento de identidade dos pais, das persoas encargadas de ir a recoller aos nenos, do libro de familia ou DNI do menor, do volante de empadroamento da unidade familiar, e, de ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores.

A lista provisional de admitidos publicarase o día 2 de decembro na páxina oficial do Concello www.concellodegondomar.com co proceso de reclamacións aberto ata o día 5 de decembro e coa publicación definitiva o día 12 de decembro.

Máis información dispoñible no teléfono 986. 389.355 ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..