^ Ir arriba

novas

Xoves, 06 Novembro 2014 22:09

Os xogadores de AD Vincios de Tenis de Mesa clasifícanse para a proba nacional

DSC 7389

 

A Agrupación DeportivaVincios de Tenis de Mesa clasificouse o pasado fin de semana no Torneo Zonal de Lalín para o Estatal de Valladolid que terá lugar en febreiro de 2015. Ademais da clasificación para a proba nacional o club conseguiu en Lalín conquistar o podio con tres subcampions, dous terceiros postos e un cuarto posto.

Os subcampions foron Ángel Igrexas en infantil, Martín Pintosenxuvenil e Samuel Pereiro na categoría absoluta. Andrés Torres eNatalia Fernández foron terceiros en infantil e Simón Casal cuarto en cría. Ademais Luísa Pintos foi sexta en cría feminina e Luís Güelloitavo tamén en cría. Todos eles están clasificados para a proba nacional.

Outros xogadores e xogadoras como Lucía Graña (9ª), Valentina Estévez (10ª), Rafa Otero (12º) ou David González deberán esperar as clasificacións de categorías para saber se o seu posto lles permite entrar no nacional.

Este próximo fin de semana retómanse as ligas e o AD Vincios-Bade ,de división de honra feminina, recibirá o sábado día 8 de novembro ás 18 horas no ximnasio do IES Terra de Turonio ao equipo catalán do Autoescola Tatchepol Ripollet, nun encontro moi importante de cara ao obxectivo da permanencia na categoría de prata do tenis de mesa.