^ Ir arriba

novas

Luns, 03 Novembro 2014 22:48

Formación para mulleres con prácticas laborais

O Centro de Información á Muller de Gondomar pon en marcha un curso de Auxiliar de Dependente de Comercio o próximo día 24 de novembro.

A formación, de 80 horas de duración, está dirixida fundamentalmente a mulleres desempregadas co fin de aumentar a súa inserción laboral cun programa que inclúe 40 horas de teoría e 40 horas de prácticas en diferentes comercios do municipio.

Ofértanse un total de 15 prazas que serán asignadas por orde de presentación de solicitudes no Centro de Información á Muller e que deberán ir acompañados de fotocopia do DNI, volante de empadroamento, fotocopia da tarxeta de desemprego e currículo. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 19 de novembro.