^ Ir arriba

novas

Xoves, 23 Octubro 2014 13:23

A concelleira de Servizos Sociais de Gondomar participa na Asamblea Xeral do Fondo Galego

Patricia Durán, concelleira de Servizos Sociais de Gondomar, participou onte na Asamblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade ao ser este Concello un dos socios da entidade.

Fondo GalegoDesde a súa fundación, no ano 1997, o Fondo Galego desenvolveu 150 proxectos en 25 países ademáis de promover actividades e materiais nos países máis empobrecidos.

Os 89 socios integrantes, 87 Concellos e as Deputacións de A Coruña e Lugo, colaboran nunha xestión transparente e profesional, así como na realización de proxectos nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega.

Na Asamblea Xeral celebrada onte acordouse destinar 20.000 euros a Palestina para contribuir a súa recuperación tras os últimos bombardeos israelís, e 10.000 euros á poboación afectada polo tifón Haiyan en Filipinas. Acordouse, además, cofinanciar con 150.000 euros proxectos das ONGD en países do Sur.

A Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina recibirá así 10.000 euros para apoiar o traballo dos equipos de saúde mental da entidade que atende á poboación no contexto posbélico, e os outros 10.000 euros destinaranse para a distribución de material médico e farmacéutico na Franxa mediante a Asociación Médica Hispano Palestina.

Por outra parte, cós 10.000 euros destinados a Filipinas proporcionarase refuxio e materiais de primeira necesidade ás comunidades do arquipélago.

Así mesmo, sete ONGD galegas desenvolverán proxectos de cooperación internacional en Nicaragua, Honduras, Perú, India e Guatemala para facilitar o acceso á agua dos nicaragüenses mediante a mellora de infraestructuras, mellorar a atención ás víctimas de violencia familiar e sexual en Perú ou impulsar a participación política das mulleres do rural na India.

O Concello de Gondomar mostra así o seu compromiso cos países do sur mediante a súa participación no Fondo Galego onde os socios colaboran e se reúnen para tomar decisións e aprobar proxectos que repercutan no beneficio de comunidades desfavorecidas.