^ Ir arriba

novas

Xoves, 23 Octubro 2014 13:12

Programa "Xuntos polo Nadal" para maiores

A concellería de Benestar Social de Gondomar informa sobre o programa "Xuntos polo Nadal" de envexecemento activo organizado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e que se dirixe a aquelas persoas maiores de 60 anos que por circunstancias persoais pasarán a festividade do Nadal sen compaña.
Ofertanse un total de 120 prazas para os solicitantes da provincia de Pontevedra na Residencia de Tempo Libre de Carballiño sen coste algún para aqueles que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros ao mes) e a un prezo de 50 euros para quenes superen este ingreso mensual.
A estadía será do 23 de decembro ao 2 de xaneiro e inclue aloxamento en habitacións compartidas, pensión completa, desprazamento á residencia e animacións socioculturais durante a estancia.
Poderánse beneficiar deste programa aquelas persoas maiores de 60 anos que estean empadroadas en calquera municipio galego, que pasen o Nadal sen compaña, que non teñan ningunha discapacidade física que lles impida valerse por sí mesmos ou trastorno mental que poda perturbar a convivencia e que non estean acollidos en ningún centro residencial.
Dentro de estes requisitos terán preferencia aqueles de maior idade, con menores ingresos económicos e que non participaran con anterioridade nos programas de vacacións do IMSERSO, Balnearios e Termalismo ou no presente de Xuntos polo Nadal.
As solicitudes deberán requerirse e presentarse antes del 15 de novembro no departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar. Para máis información dirixirse ao propio departamento na Casa de la Cultura os lúns, mércores e xoves de 9 horas a 13:30 horas ou chamar ao teléfono 986 360 168.