^ Ir arriba

novas

Mércores, 22 Octubro 2014 13:00

Veciños de Gondomar regresan dunha viaxe organizada a Castela e León

CyLUn total de 43 veciños e veciñas de Gondomar regresaron onte da viaxe organizada pola Concellería de Benestar Social ás provincias de Zamora, Valladolid, Segovia e Salamanca. Dirixido a personas maiores de 55 anos, este tipo de viaxes son organizados desde a Concellería de Benestar do Concello de Gondomar coa fin de facilitar o turismo dos maiores do municipio co aloxamento e todos os desprazamentos a cargo da empresa xestora en cada caso. Nesta última excursión os participantes percorreron diferentes provincias castelán-leonesas onde coñeceron a gastronomía e cultura propias durante cinco días.