Cun investimento total de 42.000 euros, dos cales o 75% será financiado pola Xunta de Galicia e o 25% restante polo Concello, se procederá á eliminación de barreiras arquitectónicas do edificio, á substitución da iluminación ordinaria por iluminación tecnolóxica led, á instalación de rótulos luminosos nos comercios así como ao mantemento xeral de limpeza e pintura e á instalación de ramplas de accesibilidade.
Carlos González Camesella, concelleiro de Mercados, afirma que esta obra de mellora supón a terceira intervención de perfeccionamento da Praza de Abastos dende que el está ao cargo hai tres anos, nos que se renovaron tamén as portas de acceso e as instalacións de fontanaría. Carlos Camesella sinala á súa vez a continuidade do funcionamento do mercado mentres se acometen as novas obras de mellora xa que a maior parte dos traballos se realizarán fóra do horario de atención ao público.