^ Ir arriba

novas

Venres, 10 Octubro 2014 15:08

Charla para emprender a través da Rede en Gondomar

 A Oficina de Información Xuvenil de Gondomar organiza unha charla gratuíta dirixida a emprendedores o día 31 de outubro no Centro Neural do municipio. Baixo o nome "Emprendendo dende a Rede", persoal formado da Xunta de Galicia asesorará os asistentes sobre as novas posibilidades de emprendimiento que ofrece hoxe Internet, con especial fincapé nos blogs e o sistema de financiamento Crowdfunding.

A charla, de dúas horas de duración, forma parte do Programa Activa da Dirección Xeral de Xuventude co obxectivo de mellorar a inserción laboral dos mozos.

Os interesados deben inscribirse no teléfono 986 369 746 ou a través da páxina web da OMIX Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto.