O nivel de auga alcanzado polo desbordamento do río a pasada semana tería anegado a zona afectando directamente aos edificios polo que o muro -grada impediu a inundación e retivo a suba do nivel do río.
Pola súa banda, a auga acumulada no ámbito dos edificios provén tanto da chuvia como da urbanización do campo de futbol e a súa evacuación se produce unha vez que baixa o nivel do río grazas á instalación dunha válvula na canalización de desaugadoiro que impide a entrada da auga procedente do río ao ámbito dos inmobles municipais e permite a evacuación posterior da auga acumulada no interior cando o nivel do caudal do río baixa.
Comprobada a eficiencia do sistema e conseguido o obxectivo de evitar a inundación dos edificios, o Concello estuda ,dentro do proxecto integral de mellora da zona, perfeccionar a instalación dotándoa dun sistema de evacuación da auga interior proveniente da chuvia mediante bombeo.
Esta primeira fase do proxecto integral levouse a cabo grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra, polo que o Concello atópase na búsqueda de novas formas de financiamento para levar a cabo as seguintes fases de mellora da obra. En concreto, a corporación municipal prevé acometer,nun breve período de tempo, as obras do aparcadoiro na circunvalación tamén sufragadas polo organismo provincial.
O Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar constitúese como centro clave de emprego e formación ocupacional do Val Miñor e colabora con axentes e institucións sociais para a posta en marcha de proxectos de desenvolvemento local da zona, polo que o goberno municipal mantén o seu compromiso de preservar e protexer as instalacións dos edificios municipais de grande antigüidade e valor funcional.