^ Ir arriba

novas

Xoves, 14 Agosto 2014 11:03

Visitas guiadas ao Pazo do Conde de Gondomar

Serán todos os martes e xoves de agosto ás 17.00 horas

Máis información e reservas na Oficina de Turismo de Gondomar

A Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar programa para todos os martes e xoves de agosto visitas guiadas polo Pazo do Conde de Gondomar.

O punto de encontro será a Oficina de Turismo de Gondomar, ás 17.00 horas. Dende alí, os asistentes partirán cara ao Pazo onde poderán descubrir a arquitectura e encantos desta construción, tamén coñecida como a fortaleza de Gondomar e declarada como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. Visitaranse os xardíns, o entorno do Pazo e a Capela.

O prezo por pesoa será de 3 euros. Máis información e reserva de prazas na Oficina de Turismo do municipio, en horario de mañá de 11.00 a 13.30 horas e pola tarde de 17.00 a 19.00 horas.