O campamento de verán GONDOVERÁN recibiu onte, no CEIP Chano Piñeiro, a visita do programa 'Ponlle as pilas ao teu bocata', da Consellaría do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.
Durante a xornada, os responsables desta iniciativa, que conta coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, realizaron cos nenos e nenas do Gondoverán un obradoiro lúdico destinado a motivar ao consumo de produtos do mar en conservas e ao fomento do seu interese por estes alimentos. O taller incluíu xogos e a elaboración de bocatas a base de conservas.
A intención desta actividade é achegar aos nenos e as nenas de Gondomar as virtudes das conservas dos produtos de mar e o seu valor como fonte de enerxía, de crecemento e, tamén, de diversión.