^ Ir arriba

novas

Luns, 21 Xullo 2014 09:00

Broche de ouro á II edición do Hi! Gondomar Camp

A actividade, que se desenvolveu desde o 1 de xullo, tivo como obxectivo mellorar o uso do inglés dos participantes

O acto recreou unha gala onde se entregaron distintos premios recoñecendo o traballo e esforzo dos participantes

Na tarde de onte, o Auditorio Lois Tobío ás acolleu a clausura do II Campamento de Inmersión Lingüística da Concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar, que se veu desenvolvendo dende o pasado 1 de xullo. Case 30 mozos, de idades entre os 12 e 17 anos, participaron nas sesións matinais organizadas dende a área de Xuventude, co obxectivo de axudar aos pais a conciliar a vida familiar e laboral.

Nesta edición, o Hi! Gondomar Camp integrouse en tres eixos en torno aos cales xiraron todas as actividades que se realizarán:

  1. O idioma ( inglés), dende o inicio deste campamento se falará exclusivamente en inglés os monitores serán ou bilingües ou nativos,
  2. os talent shows,
  3. as novas tecnoloxías.

Foi unha despedida con moitos nervios, ata houbo unha alfombra vermella pola que desfilaron todos os participantes e un photocall con familiares.

No acto de clausura os mozos e mozas recrearon unha entrega de premios, a Gondomar Emmy Awards onde se premiou, entre outras categorías, o mellor anuncio, a mellor toma falsa ou o mellor vídeo musical. Todo nunha gala bilingüe, onde os mozos e mozas puideron amosar os avances acadado durante o campamento.

Docentes, participantes, pais e a propia concellaría valora este campamento como un gran éxito de aprendizaxe, un medio de socialización e unha actividade lúdica que puido levarse a cabo grazas a unha gran implicación por parte tanto do Concello de Gondomar, así como da empresa que o levou a cabo e o Instituto Terra Turonio que cedeu o seu espazo para o desenvolvemento do campus.

Ao acto acudiu o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado por membros da corporación municipal.