^ Ir arriba

novas

Luns, 21 Xullo 2014 08:55

Gondomar despide o II Campus de Fútbol de Manolo Sanchís

Participaron un total de 56 nenos, de entre 6 e 16 anos, en cada unha das quendas nas que se desenvolveu o campus

Clausura Campus Manolo Sanchís

Un partido entre pais e nenos puxo punto final ao Campus de fútbol de Manolo Sanchís que volveu, por segundo ano consecutivo, a Gondomar.

Diversión, compañeirismo, educación deportiva, respecto e técnicas de xogo co fútbol como eixe central foron algunhas das premisas deste campus que se desenvolveu durante a segunda e terceira semana deste mes. Un total de 56, de entre 6 e 16 anos, nenos participaron en cada unha das quendas nas que se dividiu o campus, aínda que moitos deles puideron gozar das dúas semanas completas.

Fernando Guitián, alcalde de Gondomar e Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes, agradeceron "o esforzo e empeño" do ex madridista na realización deste campus, que, segundo afirmaron, "volveu ser un éxito de participación".

Adestramentos baixo a supervisión de Manolo Sanchís

O campus tivo lugar nas instalacións deportivas do campo de fútbol municipal de As Cercas en horario de 10.00 a 14.00 horas e cun descanso onde os participantes recuperarán forzas cun pequeno xantar.

No desenvolvemento do Campus os nenos realizaron adestramentos de fútbol, cada día, baixo a supervisión do mesmo Manolo Sanchís e de todo un equipo de profesionais.

Durante o desenvolvemento do campus, os nenos estiveron divididos en tres grupos (de 6 a 9 anos, de 10 a 13 e de 14 a 16 anos), asegurando deste modo, que as características físicas e motoras sexan o máis parellas posibles e poder adaptar as actividades.

Cada grupo estivo baixo o control de monitores técnicos deportivos e monitores de tempo libre, que foron os encargados de vixiar que as actividades se desenvolvesen con total normalidade e sen ningún perigo para os participantes.