O Concello de Gondomar vén de finalizar os traballos de mellora en dous camiños nas parroquias de Borreiros e Couso. En concreto, procedeuse ao formigonado do vial situado en Borreiros e asfaltouse un camiño en Couso, segundo explica Jesús Salgueiro, concelleiro de Vías e Obras.
Este investimento, que alcanza os 40.000 euros, foi posible grazas á obtención dunha subvención da Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia.
Coa adecuación destes camiños, o Concello de Gondomar segue atendendo as necesidades dos veciños das súas parroquias e mellorando as infraestruturas e seguridade vial do municipio.