^ Ir arriba

novas

Xoves, 12 Xuño 2014 11:05

A Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Gondomar, imparte unha sesión informativa sobre aforro na factura de electricidade

Ao longo do mes de xuño, a Unión de Consumidores de Galicia - UCGAL, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e distintos concellos da provincia pon en marcha un programa de información cuxo obxectivo é proporcionar aos usuarios a información precisa para obteren o maior aforro posible na factura da electricidade.

Abordaranse cuestións relacionadas coas modalidades de contratación no mercado regulado e libre, as distintas tarifas, a potencia contratada e o equipamento do fogar.

Ademais incidirase nos cambios normativos que afectan aos sistema de facturación e familiarizarase aos asistentes co novo modelo de factura que será obrigatorio no mercado regulado a partires do 1 de outubro.

INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE
  • Data. 26-06-2014
  • Localidade: Gondomar
  • Lugar: Centro Neural
  • Hora: 20.00 Horas

Para máis información:

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

981 586 696 / 981 566 411

680 435 865. Miguel López. Secretario Xeral

658 338 648 Dolores Chapela. Coordinadora.