^ Ir arriba

novas

Mércores, 11 Xuño 2014 11:14

O Centro Neural acollerá a exposición pública dos expedientes do padrón da taxa de recollida de lixo

O Concello de Gondomar informa de que, do 12 de xuño ao 12 de setembro (ambas as datas incluídas), o Centro Neural acollerá a exposición pública dos expedientes resultantes da elaboración do padrón da taxa de recollida de lixo do Concello, realizada pola Deputación de Pontevedra- ORAL, co fin de que os/as interesados/as poidan realizar calquera consulta ou reclamación.

O horario será de mañá, de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas e pola tarde, os martes e xoves, de 15.30 a 18.30 horas no Centro Neural.

Teléfono de atención para cita previa: 986 101 265.