^ Ir arriba

novas

Mércores, 11 Xuño 2014 11:12

III Andaina Saudable- Concello de Gondomar

As inscricións poderán realizarse no Pavillón de Deportes de 18:00 a 20:00 horas, no teléfono 608 748 393 ou a través do correo: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes, organiza para este domingo, día 15 de xuño, a III Andaina Saudable.

A saída será ás 9:00 horas do Pavillón de Deportes do municipio. O percorrido contará con, aproximadamente, 19 km sempre contando con guías, ademais dun avituallamento de froita e auga. A ruta transcorrerá polas ribeiras dos ríos, Amados, Rasas e Morgadáns, cruzando polas parroquias de Gondomar, Couso, Peitieiros, Morgadáns e Chaín. Será un día en contacto coa natureza onde descubriremos sitios fermosos do Concello de Gondomar.

As inscricións poderán realizarse no Pavillón de Deportes de 18:00 a 20:00 horas, no teléfono 608 748 393 ou a través do correo: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..