^ Ir arriba

novas

Martes, 10 Xuño 2014 09:03

Campamentos de verán 2014 no Concello de Gondomar

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes, coorganiza xunto cos clubes deportivos e en colaboración coa Deputación de Pontevedra un total de dez campamentos para este verán 2014.

O prazo das inscricións permanecerá aberto ata que se completen as prazas. (O Campus de fútbol de Manolo Sanchís, programado para as semanas do 14 ao 18 de xuño e do 7 ao 11 de xullo xa está completo).

Os/as interesados/as poderán atopar a ficha de inscrición na páxina web do Concello e deberán entregala no Centro de Desenvolvemento Local en horario de 09.00 a 14.00 horas ou no Pavillón Municipal de 18.00 a 21.00 horas.