^ Ir arriba

novas

Luns, 09 Xuño 2014 10:42

Programa Saúde e Benestar 2014 da Deputación de Pontevedra

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 2 de xullo
O programa consiste en estanzas de seis días e cinco noites nun hotel con spa, balneario ou instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa

O Concello de Gondomar informa de que, un ano máis, a Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa Saúde e Benestar. Este programa caracterízase por ofrecer unha estanza de seis días e cinco noites en balnearios ou hoteis con SPA da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural. O paquete tamén inclúe os traslados en autocar dende o municipio ata o lugar escollido e viceversa.

Entre os establecementos adheridos a esta iniciativa figuran Herperia Isla de la Toja, Talaso Louxo- La Toja, Gran Talaso de Sanxenxo, Talaso Atlántico-Oia, Spa Carlos I Silgar-Sanxenxo, Spa Oca Galatea-Sanxenxo, Spa Norat -O Grove, Spa Via Argentum de Silleda e o Spa Nanín Playa de Sanxenxo. Os prezos oscilan entre 155 € e 215 € por persoa, dependendo das instalacións escollidas.

Os veciños e veciñas que se poderán beneficiar deste programa deberán ser persoas nacidas antes de 1964, pensionistas, ou que necesiten un respiro familiar, valorado mediante un informe da Traballadora Social do Concello.

É requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía para participar nel.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 2 de xullo e deberán presentarse, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do organismo provincial, na súa sede en Pontevedra (avda. Montero Ríos s/n de luns a sábado) ou na sede en Vigo (rúa Oporto, 3 de luns a venres).

Para máis información dirixirse ao Departamento de Benestar Social, sito planta baixa da Casa da Cultura de Gondomar.