^ Ir arriba

novas

Martes, 03 Xuño 2014 13:49

O Auditorio Lois Tobío acolle mañá un intercambio cultural entre alumnnos/as dos conservatorios de Gondomar e Cangas

intercambio

Mañá, mércores día 4 de xuño, terá lugar no auditorio Lois Tobío do Concello de Gondomar a conclusión do intercambio cultural levado a cabo polos Conservatorios Profesional de Cangas e Elemental do Concello de Gondomar, organizado pola Concellaría de Educación deste último.

O concerto de clausura, no que os alumnos de ambos centros interpretarán pezas para grupo de vento-madeira; orquestra de corda; orquestra mixta e coro, comezará ás 19.00 horas e rematará cunha interpretación conxunta das catro agrupacións. A entrada é libre.