^ Ir arriba

novas

Luns, 02 Xuño 2014 08:21

Dan comezo os traballos para a elaboración das alfombras do Corpus Christi de Gondomar

A Alameda do municipio acolle dende hoxe unha carpa na que veciños e veciñas de Gondomar se reunirán para traballar na elaboración e confección dos tradicionais mantos

A celebración de Corpus achégase e como cada ano o Concello de Gondomar será escenario da tradicional exposición de alfombras florais con motivo da celebración desta festividade. Distintas agrupacións traballan dende hoxe para confeccionar os deseños que cubrirán as rúas do Concello na mañá do domingo 22 de xuño. Este ano volven participar as parroquias deChaín, Vincios, Couso e Mañufe.

Para coordinar os traballos de elaboración destas tradicionais alfombras, dende hoxe habilitouse unha carpa na Alameda do municipio, para que todos os interesados/as en colaborar nos traballos poidan facelo.

O concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso, fai un chamamento público á colaboración veciñal. "Espero que neste ano a dedicación e participación dos nosos veciños e veciñas sexa tan numerosa como o ano anterior. Toda a colaboración será benvida. Cantas máis mans teña o Corpus, mellor,".