^ Ir arriba

novas

Mércores, 07 Maio 2014 10:33

Aberto o prazo de preinscrición para acceso ó conservatorio elemental do Concello de Gondomar

Dende a Concellaría de Educación, dirixida por Paula Bouzós Barros, infórmase de que se abre o prazo de preinscrición para poder acceder as probas de acceso do conservatorio de música.

Se tes entre 8 e 14 anos e che interesa o mundo da música, aquí podes comezar os teus estudos oficiais e aprender a tocar un instrumento como pode ser a guitarra, piano, violín, viola, clarinete ou saxofón.

O prazo para a preinscrición vai do día 10 de maio ao 11 de xuño do 2014.

Mais información no 986.389.283 ( en horario de tarde) ou no 986.369.746 (en horario de mañá). Podes descargar o formulario na seguinte dirección: [Descarga]