^ Ir arriba

novas

Luns, 05 Maio 2014 08:58

O A.D. Vincios / BADE Feminino de tenis de mesa fai historia en Zaragoza

vincios badeO A.D. Vincios / BADE acadou esta pasada fin de semana en Zaragoza, onde se disputou a fase de ascenso a División de Honra, un éxito histórico ao conseguir unha das prazas que dan dereito a participar na tempada que vén na categoría de elite do tenis de mesa español.

O equipo formado polas xogadoras Natalia Fernández, Lucía Graña e Eva Molina, baixo as ordes do adestrador Antonio Gregorio, venceron no partido decisivo ás anfitrionas, o Cai Santiago de Zaragoza, por un axustado 3-2.

É a primeira vez que a Agrupación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa consegue o ascenso a División de Honra na categoría feminina, feito sen precedentes e consecuencia do bo traballo realizado polo club durante todos estes anos.