^ Ir arriba

novas

Venres, 02 Maio 2014 09:37

As rúas de Gondomar serán escenario da Final Provincial de Duatlón do programa Xogade da Xunta de Galicia

A proba celebrarase o próximo domingo, 4 de maio, en horario de 11.00 a 13.30 horas

A presentación desta mañá asistiron Luis Viñas, vicepresidente e responsable técnico da Federación Galega de Triatlón; Guillermo Reinaldo Barcia, coordinador de deportes do Servizo Provincial de Deporte de Pontevedra e Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes de Gondomar

Duatlon

O pasado mércores día 30, na Casa de Cultura de Gondomar, tivo lugar a presentación da Final Provincial de Duatlón do programa 'Xogade' da Xunta de Galicia, que se celebrará o próximo domingo 4 de maio, en horario de 11.00 a 13.30 horas, nas inmediacións do campo municipal de As Cercas.

A proba, que está promovida pola Secretará Xeral para o Deporte, en colaboración coa Federación Galega de Triatlón (FEGRATI), o concello de Gondomar e o Club Triatlón Mar de Vigo, será clasificatoria para a final galega de Duatlón e constará de tres sectores: un primeiro que será carrera a pé, o segundo en bicicleta e o último a pé de novo.

A distancia destes percorridos variará segundo a categoría. Así, os benxamíns farán 500 metros a pé, 2 kms en bicicleta e outros 250 metros a pé. Os alevíns percorrerán 1km a pé, 4 kms en bicicleta e 500 metros a pé. Pola súa banda, o percorrido dos infantís constará de 1'5 kms a pé, 6 kms en bicicleta e 750 metros a pé. Finalmente, os cadetes recorrerán 2 kms a pé, 8 kms sobre dous rodas e 1 km a pé.

Nestes momentos, estímanse un total de 140 participantes de toda a provincia inscritos na proba, aínda que a inscrición permanecerá aberta ata o venres.

Á presentación desta mañá asistiron Luis Viñas, vicepresidente e responsable técnico da Federación Galega de Triatlón; Guillermo Reinaldo Barcia, coordinador de deportes do Servizo Provincial de Deporte de Pontevedra e Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes de Gondomar