^ Ir arriba

novas

Mércores, 23 Abril 2014 14:00

Curso de Aproximación ao Cristal en Gondomar

A actividade está organizado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración co Concello de Gondomar e a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais

Máis información en www.xente.mundo-r.com/susiarmada

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración co Concello de Gondomar e a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais organizan o curso Aproximación ao cristal I- Elaboración de contas de vidrio coa técnica do soplete (Lampworking).

A actividade terá unha duración de 50 horas e impartirase do 28 abril ao 3 de Maio. Estará impartida por Susana Pereira Armada que, ademais de ser profesora de Lampworking, traballa no seu propio taller e dedícase aos accesorios e á moda. Máis información sobre o seu traballo en: www.xente.mundo-r.com/susiarmada

O curso, totalmente gratuíto, congregará en Gondomar a 15 artesáns de toda Galicia convertendo ao municipio no centro formativo artesanal de Galicia, nestas datas.