^ Ir arriba

novas

Venres, 11 Abril 2014 08:38

A Serra do Galiñeiro volverá acoller o Trail Galicia Máxica por cuarto ano consecutivo

A presentación da proba tivo lugar esta tarde na Casa da Cultura do municipio e contou coa presenza do alpinista Sechu López, responsables de Galicia Máxica, ademais do Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián e a responsable de Deportes, Natalia Salgueiro

TrailPor cuarto ano consecutivo a asociación Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA), en colaboración co Concello de Gondomar, organiza unha das súas probas máis emblemáticas: o Trail Serra do Galiñeiro.

O Minitrail e Trail Serra do Galiñeiro terán lugar o próximo domingo 13 de abril, a partir das 09.30 horas.

A proba, que será a terceira puntuable dun total de seis que compoñen a competición galaica, contará con dous percorridos diferentes, un destinado a corredores máis experimentados e outro para aqueles que se inician na modalidade.

O trazado máis longo terá unha lonxitude de 22.8 quilómetros, cun desnivel máximo de 430 metros. No caso do Minitrail, o seu percorrido terá 11 quilómetros de lonxitude e un desnivel máximo de 390 metros.

A proba conta con 514 inscritos (426 para el Trail e 88 para el Minitrail), que deberán recoller os números o sábado 12, de 18.00 horas a 20:00 horas, e domingo 13, de 07.30 horas a 09:00 horas no Local Social da Asociación de Veciños de Vincios.

Tras a disputa do Trail Serra do Galiñeiro, a seguinte proba celebrarase na Serra do Courel. Alí, o próximo mes de maio terá lugar o Ultra Trail de Courel, de 81 quilómetros, ademais da modalidade Trail, de 37 quilómetros de lonxitude e o Minitrail de 10 quilómetros. Pecharán o circuíto, a carreira do Monte Pindo, en xullo e o Trail nocturno de Vixiador no próximo mes de agosto.

A presentación da proba tivo lugar esta tarde na Casa da Cultura do municipio e contou coa presenza do alpinista Sechu López, responsables de Galicia Máxica, ademais do Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián e a responsable de Deportes, Natalia Salgueiro.