A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar informa de que se amplía o prazo para reservar praza para a viaxe a Cataluña, destinada a maiores de 55 anos.
A data da viaxe, será o día 5 do próximo mes de Maio e terá unha duración de 6 días, de luns a sábado.
O prezo da mesma é de 290 € por persoa e inclúe: desprazamento en autocar, hotel de tres estrelas na Costa Brava, pensión completa-bebidas, guía acompañante, guía local oficial en Barcelona, entrada a un bodega de cava e seguro de asistencia.
As persoas interesadas en reservar praza poderán facelo ata o venres 11 de abril. Máis información no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura.