^ Ir arriba

novas

Venres, 21 Marzo 2014 10:26

Un total de 17 veciños/as participaron o curso de risoterapia do programa Pensa en ti

Fernando Guitián, alcalde de Gondomar, asistiu ao acto de clausura acompañado por concelleiros da corporación

O curso, que se desenvolveu en horario de tarde, tiña como principal obxectivo fomentar actitudes positivas no desenvolvemento da vida cotiá

A actividade forma parte do programa social 'Pensa en ti' da Deputación Provincial

risoterapia

Fernando Guitián, alcalde de Gondomar, acompañado por concelleiros do grupo de goberno asistiu á clausura do curso de risoterapia desenvolvido na Sociedade Cultural San Roque de Morgadáns.

O curso, de 30 horas de duración, desenvolveuse en horario de tarde, de 18.00 a 20.00 horas, dende o pasado mes de novembro de 2013 e contou con 17 participantes (15 mulleres e 2 homes).

As sesións deste taller baseáronse en achegar aos/as participantes técnicas que lles axudasen a liberar as tensións do corpo para relaxarse e conseguir fomentar actitudes positivas no desenvolvemento da vida cotiá. A risa elimina o estrés, as tensións, a ansiedade e a depresión. O curso complementouse con proxeccións, charlas e exercicios de memoria.

Programa 'Pensa en ti'

A actividade forma parte do programa 'Pensa en ti' da Deputación de Pontevedra, dirixido a Asociacións de mulleres e homes da provincia.

Este programa de carácter social ten como obxecto posibilitar o acceso dos participantes ás diferentes actividades nas áreas que lle permitan o seu desenvolvemento individual e grupal, promover novos campos de interese e traballo creativo, así como en xeral promover, fomentar e mellorar a situación dos participantes.