A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través da Axencia de Viaxes PONTETUR S.L.: XG-297, organiza unha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a Cataluña.
A data da viaxe, será o día 5 do próximo mes de Maio e terá unha duración de 6 días, de luns a sábado.
O prezo da mesma é de 290 € por persoa e inclúe: desprazamento en autocar, hotel de tres estrelas na Costa Brava, pensión completa-bebidas, guía acompañante, guía local oficial en Barcelona, entrada a un bodega de cava e seguro de asistencia.
As persoas interesadas en reservar praza poden facelo antes do 7 DE ABRIL. Máis información no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura.
- Programa da excursión [Descarga]