^ Ir arriba

novas

Luns, 10 Marzo 2014 10:23

Curso de iniciación á cestaría

O prazo de inscrición remata o próximo 27 de marzo

O Concello de Gondomar ofrece, a través da Concellaría de Xuventude, un curso de iniciación á cestaría.

O curso impartirase todos os martes do mes de abril en horario de 16.30 a 19.30 horas. As inscricións poderán formalizarse na Oficina Municipal de información Xuvenil ou chamando ao 986.369.746 ata o próximo 27 de marzo.

Os/As interesados/as tamén poderán baixar a solicitude a través da páxina do Concello de Gondomar [Enlace].