^ Ir arriba

novas

Venres, 07 Marzo 2014 10:56

I Xornada de Sendeirismo Consciente- Ioga coa natureza

Serán o domingo 9 e o sábado 22 de marzo
Os/as interesados/as poden realizar a inscrición previa na oficina do Pavillón de Deportes, de 18.00 a 20.00 horas, ou no teléfono 608 748 393

O vindeiro domingo día 9 e o sábado 22 de marzo terá lugar en Gondomar a I Xornada de Sendeirismo Consciente, organizada por mundonatura.org en colaboración co Concello de Gondomar.
Esta actividade que combina a natureza, o sendeirismo e o ioga ten por obxectivo proporcionar aos participantes un respiro do seu día a día integrando unha parte meditativa e deportiva con outra lúdica e de placer, realizadas en plena natureza.
As saídas terán lugar ás 10.00 horas do Pavillón de Deportes. O prezo por día é de 3 euros debendo aboalos ao inicio da actividade.
Os/as interesados/as poden realizar a inscrición previa na oficina do Pavillón de Deportes, de 18.00 a 20.00 horas, ou no teléfono 608 748 393.
Máis información en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.