^ Ir arriba

novas

Venres, 07 Marzo 2014 10:30

O Concello de Gondomar reduciu a súa facturación eléctrica case un 20%, en 2013

Esta redución supuxo un aforro para as arcas municipais de 89.615 euros

No 2012 o Concello de Gondomar aboou a Fenosa 453.502 € e no 2013, 363.887 €

O Concello de Gondomar reduciu a facturación de Fenosa no 2013 case un 20% con respecto ao 2012, o que supón un aforro para as arcas municipais de 89.615 €. No 2012 o Concello de Gondomar aboou a Fenosa 453.502 € e no 2013, 363.887 €.
En concreto, no pasado ano 2013 aforraron 41.695 euros, un 15,3%, nas subministracións de último recurso (menos de 10 KW) e 47.920 euros, un 26,6%, nas subministracións de mercado libre (máis de 10 KW).
Este aforro conseguiuse a pesar de aumentar as subministracións eléctricas municipais dende 2011, algúns deles cun consumo significativo (gardaría municipal, a iluminación no barrio Fontán, iluminación da Urbanización San Benito, bombeo de Peitieiros, bombeo de Cruceiro- Donas...) o que supón un esforzo aínda maior.
O concelleiro de Servicios, Juan Carlos González Camesella, afirma que "este aforro é o froito do traballo na xestión de das subministracións eléctricas municipais", e engade que "foi posible grazas a actuacións como pasar a facturación das subministracións de máis de 10 KW a mercado libre e o gran traballo dos electricistas municipais nos axustes e redución de potencias".