^ Ir arriba

novas

Venres, 28 Febreiro 2014 13:54

A Gran Carreira pedestre da comparsa escolar, Corre coa túa máscara! congrega a 1200 nenos e nenas nas rúas de Gondomar

O desfile partiu ás 11.00 horas dende o Pavillón de Deportes e percorreu as principais rúas do municipio durante unha hora

Na proba participaron alumnos/as de 7 centros educativos do Concello

Esta mañá, e a pesar de que o tempo ameazaba chuvia, máis de 1000 nenos e nenas de Gondomar desfilaron cos seus disfraces polas rúas do municipio na Gran Carreira pedestre da comparsa escolar, Corre coa túa máscara!

A carreira saíu ás 11.00 horas dende o Pavillón de Deportes e percorreu as principais rúas do casco de Gondomar durante unha hora aproximadamente, volvendo ao Pavillón de Deportes.

A Concellaría de Cultura e Festexos apostou, outro ano máis, por esta proba que, edición tras edición afianza o seu éxito entre os máis pequenos. Nesta ocasión participaron 1200 nenos e nenas de 7 centros educativos do municipio (IES Terra Turonio, IES Auga da Laxe, CEIP Chano Piñeiro, CEIP Xosé Neira Vilas, Escola Unitaria de Mañufe e os nenos e nenas do C.R.A. e da Galiña Azul).