Un ano máis, a Concellaría de Cultura e Festexos de Gondomar que dirixe Ignacio Troncoso, organiza como acto principal deste Entroido 2014 o tradicional Gran Desfile de Comparsas, que se celebrará o domingo día 2 de marzo.
Treboada (Tomiño) e Animar-T darán comezo á xornada animando as rúas do municipio desde as 15.30 horas, ata a lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do Gondomar C.F., co motivo da celebración do seu centenario.
O trío Azar será o encargado de presentar o desfile que dará comezo a partir das 16.00 horas e no que participarán un total de 15 comparsas vidas de Nigrán, Tui, Tomiño, A Guarda, Vigo e Gondomar.
A orde de participación será a seguinte:
- Os Tenebrosos de Couso
- Moito Entroido: A casa de Mickey
- Moendo café
- Colegialas
- Chegaron os que faltaban
- Os Macanudos: Os Pelimacanudos
- A tasca dos Mouros
- Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios: Vinciocas
- Asociación Cultural Dreogán Val Miñor: O espertar dos Marionetas
- Chinatau
- Super Chef
- La mar de salaos
- 4 estaciones
- Asociación de Veciños de Beade: Love Music
- Asociación Carnavales Mañufe: Unha comparsa la mar de salá
Logo de pasar polas rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz, realizarase unha pequena parada na praza do Concello, onde o trío Azar amenizará a festa.
As comparsas e carroza gañadoras daranse a coñecer o próximo martes, día 4, a partir das 00.00 horas e realizarase a entrega de premios.
Para as comparsas máis orixinais haberá premios:
- 700 euros 1º clasificada
- 600 euros 2º clasificada
- 500 euros 3º clasificada
- 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes
Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.