A Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información á Muller dá comezo ás accións formativas presenciais co curso de Dinamización da empresa a través de internet e as redes sociais.
O curso, dirixido preferentemente a 15 mulleres de Gondomar, conta cunha formación de 60 horas distribuídas do seguinte xeito:
- Módulo I (20 h): ofimática básica e internet
- Módulo II (20 h): expansión da empresa en redes sociais
- Módulo III (20): supostos prácticos empresariais
Esta acción formativa desenvolverase dende o 11 de marzo ata o 14 de abril.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición, ata o 5 de marzo, no CIM do municipio debendo presentar o DNI, volante de empadroamento, tarxeta de desemprego e currículum.
Máis información no teléfono 986 389 355 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.