^ Ir arriba

novas

Luns, 10 Febreiro 2014 10:00

A OMIX do Concello de Gondomar organiza un curso de mecanografía

Os interesados/as en participar poderán inscribirse desde mañá día 11 ata o vindeiro 27 de febreiro

A OMIX do Concello de Gondomar organiza un curso de mecanografía no que os participantes aprenderán as claves para acadar a soltura e seguridade que lles permitirán mellorar notablemente a súa velocidade de escritura.

O curso terá lugar do 3 ao 21 de marzo en horario de 16:30 a 18:30 horas, na Aula de Informática do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Gondomar.

Os interesados/as poderán inscribirse a partir de mañá e ata o vindeiro 27 de febreiro, na OMIX do Concello, cubrindo unha solicitude e achegando unha fotocopia do DNI e do volante de empadroamento.

Para máis información na OMIX do Concello ou no teléfono 986.369.746.