Fernando Guitián, alcalde de Gondomar acompañado por concelleiros do grupo de goberno asistiu onte á clausura do curso de cestaría desenvolvido no Centro Cultural de Mañufe.
O curso desenvolveuse en horario de mañá e contou coa participación de 20 alumnos e alumnas. Durante as sesións, os asistentes aprenderon as distintas variedades e técnicas no que a confección en vimbio se refire para, finalmente, poñelas en práctica e elaborar todos aqueles produtos que a súa imaxinación e destreza lles permitiran.
Programa 'Pensa en ti'
A actividade forma parte do programa 'Pensa en ti' da Deputación de Pontevedra, dirixido a Asociacións de mulleres e homes da provincia.
Este programa de carácter social ten como obxecto posibilitar o acceso dos participantes ás diferentes actividades nas áreas que lle permitan o seu desenvolvemento individual e grupal, promover novos campos de interese e traballo creativo, así como en xeral promover, fomentar e mellorar a situación dos participantes.