Un ano máis a Concellaría de Festexos de Gondomar organiza o tradicional Gran Desfile de Comparsas, acto principal do 'Entroido 2014' que se celebrará o domingo día 2 de marzo a partir das 16.00 horas.
Aquelas comparsas que desexen participar no desfile deberán inscribirse de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar. O prazo de inscrición rematará o sábado, día 15 de febreiro ás 13.00 horas.
Cada comparsa, rexistradas ou informais, deberá estar composta dun mínimo de 20 persoas adultas e terá que presentar a seguinte documentación:
AGRUPACIONS REXISTRADAS:
- Estar rexistrada como asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia
- Copia do DNI do representante legal da entidade e CIF da propia entidade.
- Una declaración xurada de non perseguir coa actividade finalidade lucrativa algunha.
- E certificación de atoparse ao corrente das súas obrigas fiscais e coa seguridade social.
- Orixinal de certificación de conta bancaria
AGRUPACIÓN INFORMAIS:
- Certificación do código de Conta Cliente da entidade Bancaria
- Copia do DNI do representante
- Folla de firmas cuberta e completa
Para as comparsas máis orixinais haberá premios:
- 700 euros 1º clasificada
- 600 euros 2º clasificada
- 500 euros 3º clasificada
- 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes
Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.
As bases xa se poden consultar na páxina web do concello: www.concellodegondomar.info