O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado pola concelleira de Formación e Emprego, Natalia Salgueiro, fixo entrega onte dos diplomas acreditativos aos 15 alumnos e alumnas do curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
A actividade, de 248 horas de duración, dividiuse entre clases teóricas e constou de 80 horas de formación práctica en empresas da zona.
Esta acción formativa, cuxo presuposto ascende a 25.084'60 euros, estivo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e conta co novo certificado de profesionalidade.