^ Ir arriba

novas

Mércores, 08 Xaneiro 2014 11:11

O Concello agradece as distintas iniciativas solidarias postas en marcha este Nadal

Patricia Durán, Concelleira de Benestar Social di sentirse "moi orgullosa da solidaridade das veciñas e veciños"

Desde o Concello de Gondomar, e en especial desde o Departamento de Benestar Social, queren facer chegar o máis profundo agradecemento polas distintas iniciativas solidarias postas en marcha este Nadal no municipio. En concreto agradecer a gran labor realizada pola Galiña Azul, o Centro Cultural de Borreiros, o mercadiño das mulleres de Borreiros, os máis de 400 Papá Noeis moteiros que visitaron Gondomar o pasado día 22 de decembro e, finalmente, agradecer a colaboración de todos os participantes no Torneo Solidario de Fútbol celebrado os pasados 28 e 29 de decembro.

Patricia Durán, concelleira de Benestar Social, recoñece que "iniciativas como estas fannos sentir moi orgullosos da grande solidariedade dos nosos veciños e veciñas e axúdannos a seguir traballando para atender as necesidades dos que máis o necesitan, especialmente en datas tan sinaladas como o é o Nadal".