^ Ir arriba

novas

Luns, 30 Decembro 2013 08:23

Xa está en marcha o GondoNadal

Fernando Guitiáne Patricia Durán visitaron aos 30 rapaces e rapazas que participan nesta actividade, que se desenvolverá ata o próximo 8 de xaneiro

GondoNadal

Gondomar, 24 de decembro de 2013.- O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a concelleira de Igualdade, Patricia Durán, visitaron onte o GONDONADAL, o programa de ocio y tiempo libre posto en marcha pola Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller. Na actividade participan un total de 30 rapaces e rapazas, de entre 3 e 11 años, ata o próximo 8 de xaneiro.

O GondoNadal nace co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares de Nadal, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

GondoNadal continuará ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2014 no CEIP Chano Piñeiro, de 9.00 a 14.00 horas.