^ Ir arriba

novas

Venres, 13 Decembro 2013 08:31

A Concellaría de Vías e Obras adecúa os alcorques do aceirado no Barrio de Fontán

- Os traballos de mellora estanse a levar a cabo na beirarrúa do supermercado Froiz

- Tamén na zona, operarios do departamento de Estradas da Xunta de Galicia iniciaron a construción dunha nova beirarrúa que pasará pola Citroën e finalizará á altura de Materiais de Construción Quintas

mejora alcorques 2Gondomar, 12 de decembro de 2013. - O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Vías e Obras, que dirixe Jesús Salgueiro, está a realizar melloras no aceirado e nos alcorques con danos do Barrio de Fontán, situadas en fronte do supermercado Froiz.

A mala situación dos alcorques obstaculizaba o tránsito pola beirarrúa, sobre todo a aquelas persoas con algún tipo de minusvalidez ou de idade avanzada. "Estamos a traballar para mellorar, non só o aspecto das rúas de Gondomar, senón tamén a seguridade dos nosos veciños e veciñas", explica Salgueiro.

Os traballos, levados a cabo por operarios de Vías e Obras, consistiron no recheo dalgúns alcorques para igualalos co firme; mentres que noutros se recortaron as raíces das árbores que os estaban a deteriorar.

Nova beirarrúa

Así mesmo, operarios do departamento de Estradas da Xunta de Galicia traballan na zona de Fontán na construción dunha nova beirarrúa que dará continuidade á xa existente diante do supermercado Froiz. O novo aceirado, que estará finalizado en breve, unirá un tramo de aproximadamente 150 metros de lonxitude, pasando pola Citroën e finalizando á altura de Materiais de Construción Quintas.

A actuación, moi demanda polos veciños, foi posible grazas ás xestións realizadas dende o Concello de Gondomar coa Xunta de Galicia, a quen pertence a titularidade da vía; e á colaboración dunha veciña do municipio que cedeu o terreo.