^ Ir arriba

novas

Mércores, 04 Decembro 2013 11:11

O Concello de Gondomar homenaxea a Gumersinda Cortegoso no seu 102 aniversario

- Fernando Guitián, acompañado polas concelleiras Patricia Durán e Natalia Salgueiro, visitou a centenaria para felicitala e facerlle entrega dun ramo de flores en nome de todo o equipo municipal

gumersinda cortegoso

Gondomar, 4 de decembro de 2013. - O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Patricia Durán e a edil de Deportes e Facenda, Natalia Salgueiro, participou na homenaxe que o Concello de Gondomar lle rendeu, onte, 3 de decembro, a Gumersinda Cortegoso Pereira, coincidindo co seu 102 aniversario.

Gumersinda recibiu de mans de Fernando Guitián, Patiricia Durán e Natalia Salgueiro, en representación de todo o goberno municipal, un ramo de flores nun emotivo acto no que tamén estivo presente familia da centenaria.