^ Ir arriba

novas

Mércores, 27 Novembro 2013 08:56

O Concello de Gondomar organiza o IV Torneo de Tenis Nadal 2013

- O prazo para inscribirse remata este venres 13 de decembro
- Os participantes socios deberán aportar un quilo de alimentos non perecedoiros, mentras que os non socios deberán contribuir con dous quilos

bases benefico nadal 2013 Página 1

 

Gondomar, 11 de Decembro do 2013.- O Concello de condomar, a través da Concellaría de Deportes, colabora có Club de Tenis Gondomar na organización do IV Torneo Escolar de tenis Nadal 2013. Esta competición de carácter benéfico ten coma fin recoller alimentos non perecedoiros para os máis desfavorecidos e fomentar a unión e a confraternidade a través do deporte.

A competición terá lugar o vindeiro domingo día 15, no IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes. Dará comezo ás 09.30 horas coa recepción dos participantes e finalizará ao redor das 14.00 horas.

Abarca as categorías pre-benxamín (anos 2005-2008), benxamín (2003-2004), alevín (2001-2002), infantil (1999-2000) e cadete (1997-1998).

A media mañá, todos os participantes poderán disfrutar dunha merienda que recargará as súas enerxías para seguir coa competición. Porá punto e final á xornada, a entrega de trofeos aos gañadores; e para que ninguén se vaia coas mans vacías haberá un sorteo de agasallos entre todos os participantes.

Inscripcións

Os interesados en participar poderán inscribirse até o venres día 13, e deberán aportar, os socios un quilo de alimentos non perecedoiros; e os non socios, dous quilos.

Máis información e inscripcións en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e no 680 124 239.

Póndese descargar as bases desde aquí.