^ Ir arriba

novas

Venres, 22 Novembro 2013 08:52

Finaliza o curso de Aplicacións de medidas de seguridade e Primeiros Auxilios no que participaron 20 mozos e mozas de Gondomar

- Á clausura asistiron o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián e o concelleiro de Xuventude, Ignacio Troncoso
- A actividade está enmarcada dentro do Programa Actívate da Deputación Provincial de Pontevedra

primeros auxiliosGondomar, 21 de novembro de 2013.- O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado polo concelleiro de Xuventude, Ignacio Troncoso, asistiron esta mañá á clausura do curso de Aplicacións de medidas de seguridade e Primeiros Auxilios, no que participaron 20 mozos e mozas do municipio.
A actividade, enmarcada dentro do Programa Actívate da Deputación Provincial de Pontevedra, contou con 40 horas durante as cales se impartiron tanto coñecementos teóricos como prácticos.
Ignacio Troncoso, concelleiro de Xuventude recoñece que "o curso tivo unha grande demanda e foi levado a cabo con gran éxito e valoración moi positiva por parte do alumnado".